O cancioneiro do trobador : Johan Soarez Somesso
O cancioneiro do trobador : Johan Soarez Somesso
O trobador Johan Soarez Somesso (ca. 1223-1257) intégrase nas coordenadas do coñecido como período de implantación dos modelos líricos occitanos na zona occidental da Península Ibérica. Se ben o perfil biográfico do autor espertou o interese dos especialistas en diversas ocasións, ata o momento o seu cancioneiro non merecera unha análise individual. A edición crítica e o estudo da produción de Somesso ‒ vinte e catro cantigas de amor e unha cantiga de escarnio e maldizer ‒ revela que foi unha das voces máis activas na adaptación de motivos cultivados polos provenzais ao contexto galego-portugués, como se desprende dos seus pasos pola chanson de change, a mala cansó ou o escondit. Sen dúbida, a súa peza satírica atrae a atención do lector ao despuntar na tradición por formar parte do reducido grupo de cantigas que descobre a identidade da muller para censurar a política matrimonial exercida polos señores das grandes liñaxes. Por outra parte, o exame do seu cancioneiro en sincronía constitúe un valioso elo do tramado socio-cultural que sustenta o movemento trobadoresco, pois parte significativa das súas cantigas intégranse nunha viva rede de polémicas metaliterarias nas que participan poetas do seu círculo. O alto grao de elaboración retórica e formal que caracteriza os seus textos, unido aos trazos senlleiros polos que discorren os seus contidos, determinan que Somesso se alce como unha privilexiada porta de acceso ao trobar dos galego-portugueses.
- N° scheda: M26000676
- ISBN-13: 9788836136889
- Number Volumes: 1
- Authors: Santiago Gómez, Carmen de
- City: Alessandra
- Publisher: Edizioni dell'Orso
- Year: 2026
- Month: March
- Necklace title: Medioevo Ispanico
- Necklace number: 11
- Number of pages: 260
- Dorso: 24 cm
- Larghezza: 17 cm
- Peso: 597 gr
- Country: Italy
- Language: Multilingual
- Condition: New
- Type of publication: Monograph
- Dewey Classifications: Spanish & Portuguese literatures; Romance languages
- Article (The, The, The, Lo, ...): O
- Pages Introduction: IV
- Contains: Biography; Index



